serunion-salud-daily-break-medicos

Serunion Salud, comer ben para estar mellor

Recuperarse pronto é a prioridade dos que están ingresados nun hospital e das súas familias. Unha correcta alimentación contribúe significativamente á recuperación e á evolución dun paciente. Por iso, cociñeiros, dietistas e especialistas traballamos para elaborar menús saborosos e nutricionalmente equilibrados que contribúan a este obxectivo.

Cafeterías para público e persoal hospitalario

Usuarios e persoal do centro reúnense nas cafeterías dos hospitais para gozar duns momentos de descanso. Desde Serunion Saúde creamos espazos propicios para o intercambio, a convivencia e a distensión dos comensais.
Presentamos unha oferta gastronómica e de servizo variada, con gran rotación de menús e adaptación aos gustos culinarios segundo a zona xeográfica.

As nosas cafeterías

serunion-salud-cafeterias-daily-break-logo-ventana

Restauración para pacientes

Unha dieta sa e equilibrada é, a miúdo, o primeiro paso para mellorar.

As nosas solucións para pacientes

serunion-salud-restauracion-pacientes

Outros servizos

  • Gestión & Compras
    Serunion ofrece a opción de xestionar as compras co obxectivo de optimizar os custos asociados ao servizo de restauración.
    Con prezos e calidades previamente establecidos, o noso servizo de Xestión e Compras permite reducir a carga de traballo que significa negociar con provedores, controlar albarás, verificar cantidades, así como optimizar o control de custos e tesourería.
  • Servizos de vending
    No sector do vending a tecnoloxía marca a diferenza. Desenvolvemos proxectos personalizados e adaptados ás necesidades de cada cliente, adaptándonos aos cambios do mercado e estudando a conveniencia da situación da máquina e a selección de produtos ofertados.
    Apostamos pola innovación tecnolóxica e, por iso, propomos distintas solucións de pagamento en resposta á multitude de opcións que existen no mercado e ás novas tendencias de consumo achegando, así, vantaxes para dar servizo en calquera momento e en calquera lugar.
  • Catering para a celebración de eventos
    Diriximos os nosos esforzos cara á satisfacción plena do cliente, convertendo a súa celebración nun acontecemento único. A nosa gran variedade de recursos así como a nosa ampla experiencia na xestión e na organización de eventos convértennos nunha aposta segura.
  • Capacidade de resposta - Cociñas centrais
    Dispomos de 15 cociñas centrais dotadas dos equipamentos máis modernos con sistemas de elaboración en liña fría, liña quente ou mixta para poder atender as necesidades dos nosos clientes ante situacións excepcionais.
  • Plan global de seguridade e calidade
    Realizamos unha análise minuciosa dos procedementos de calidade, instaurando controis moito máis alá das cociñas, analizando e controlando as instalacións dos nosos provedores, os seus sistemas de transporte e a rastrexabilidade das materias primas. Grazas a iso, hoxe podemos estar seguros de dispor dos mellores sistemas de calidade do mercado, constituíndo un Plan global de seguridade alimentaria, coa concienciación de toda a compañía e a formación como procedemento clave de garantía.
    Dispomos da ISO 9001, UNE-EN-ISO 14001, AENOR, ISO 22000:2005, OSHAS e a ISO 26000
serunion-salud-cocinero-otros-servicios