Unha oferta gastronómica á súa medida

Comprender as necesidades e preferencias dos nosos clientes é esencial para ofrecer un servizo acorde ás súas necesidades e esixencias. Para iso, contamos coa experiencia dos nosos nutricionistas e dietistas, que elaboran os menús máis axeitados para cada centro e perfil de usuario.

Restauración para escolas

serunion-servicios-educa-restauracion-escuelas-niños-riendo

Os nosos pequenos son comensais esixentes. Por iso, ademais de ofrecerlles un menú atractivo e saudable, convertemos o comedor nun sitio onde divertirse e seguir aprendendo. Queremos que os nenos e nenas aprendan a medrar sans e fortes a través dunha correcta alimentación e un estilo de vida saudable. Conscientes diso, desde Serunion Educa implicámonos no proceso de elaboración dos menús e no deseño e desenvolvemento do proxecto educativo desde o primeiro momento.

Restauración para o mundo empresarial

serunion-restaurantes-meetropolitan-coffe-bar

Cada empresa é diferente. Por iso, deseñamos a oferta máis axeitada dependendo do tamaño, cultura, horarios ou área xeográfica en que se encontre. Os nosos conceptos gastronómicos adáptanse rapidamente ás tendencias específicas da compañía, buscando sempre a máxima satisfacción para os comensais e ofrecendo as últimas tendencias dispoñibles no mercado da restauración. Todo iso para que comer fóra da casa sexa unha experiencia o máis pracenteira posible.

Restauración para hospitais

serunion-salud-cafeteria-daily-break-medicos

Cremos que a hora de comer ten que ser un momento para gozar e evadirse.
Para pacientes, creamos ofertas saudables e apetecibles, conscientes de que unha correcta alimentación constitúe unha parte fundamental en todo proceso de recuperación e mellora. Todo o noso equipo, formado por cociñeiros, dietistas, médicos e especialistas, traballa co obxectivo de elaborar o menú perfecto que encaixe coas necesidades de cada paciente.

Para o persoal do centro e usuarios en xeral, creamos espazos únicos e modernos onde poden evadirse do medio hospitalario nun ambiente cálido e envolvente que contribúe a relaxarse, xa sexa degustando un menú saudable, facendo un descanso cun bo café ou lendo un dos libros que descansan nos andeis. Innovación, saúde, deseño e sabor danse cita nas nosas sorprendentes cafeterías Daily Break.

Restauración para residencias da terceira idade

serunion-servicios-mayores-manos

Unha boa alimentación na terceira idade non só é esencial para o bo funcionamento do organismo, senón que supón para os nosos maiores un dos momentos máis importantes e esperados do día.
En Serunion sabémolo ben. Por iso, deseñamos menús nutricionalmente equilibrados e adaptados ás necesidades concretas de cada persoa, tendo en conta factores como a perda de funcionalidades básicas ou de mobilidade. Unha atención centrada nestes factores é clave para evitar ou retardar a súa autonomía e independencia diaria.

Serunion Vending

serunion-servicios-vending-dedo

Serunion Vending conta con máis de 3.000 máquinas expendedoras repartidas por todo o país co fin de ofrecer a todos os nosos usuarios un servizo as 24 horas, 365 días ao ano. A nosa oferta inclúe alimentos e bebidas de todo tipo: aperitivos, refrescos, auga, ou bebidas quentes (cafés, tés, chocolates, etc.).

Ademais, as nosas máquinas de vending contan coa tecnoloxía máis innovadora acorde ás novas tendencias do mercado e esixencias dos nosos consumidores, porque en Serunion Vending esforzámonos cada día para cumprir coas súas expectativas e ofrecerlle non só a mellor gama de produtos senón tamén a mellor maneira de servirllos.

Eventos únicos, espazos singulares

serunion-servicios-singularis-eventos-unicos-espacios-singulares

Singularis é símbolo de alta gastronomía. A nosa experiencia e traxectoria profesional permítenos ofrecer aos nosos clientes unha experiencia gastronómica sen igual, nos espazos máis emblemáticos e exclusivos no ámbito nacional e internacional. Xestionamos eventos á medida, vestindo os escenarios máis excepcionais onde o padal e a paixón polo detalle se reencontran.

O noso equipo está composto por profesionais altamente cualificados que se encargarán de deseñar e producir unha experiencia culinaria única, onde imperará a fusión das máis extraordinarias materias primas co máximo coidado na execución do produto, sempre aderezado cunha exclusiva escenificación.

Restauración a bordo

serunion-servicios-restauracion-bordo-menu

Subir a bordo dun tren é unha forma máis de chegar ao noso destino, un medio que nos achega a un final de traxecto. Co tempo, os trens gañaron en comodidade e rapidez, creando para os pasaxeiros espazos onde poder relaxarse, traballar e gozar da viaxe. En Serunion imos un paso máis alá, ofrecendo ademais a posibilidade de gozar da experiencia de comer nun bo restaurante, moderno, fresco e sorprendente.

A nosa oferta gastronómica a bordo, exclusiva e de alta calidade, converte os pasaxeiros en comensais. Porque gozar dunha experiencia culinaria plena viaxando é posible.

Gestión y compras

serunion-servicios-gestion-compras-manos-tablet

Todo restaurador ten como máxima prioridade velar polos seus comensais, ofrecéndolles o mellor servizo posible. Por iso os profesionais da restauración poñen todo o seu empeño en mellorar e aumentar a competitividade do produto. Para conseguilo, é esencial contar cunha eficiente xestión de compras e provedores, algo que para moitas empresas representa un enorme investimento de tempo e diñeiro.

En Serunion ofrecémonos a xestionar as súas compras co obxectivo de optimizar os custos asociados ao servizo de restauración, unificándoos para conseguir un proceso moito máis eficiente.
Descubra as vantaxes de converternos no seu único provedor.