serunion-niños-comiendo-judias

Serunion Educa, os primeiros pasos cara a un bo hábito

Implicámonos no proceso de elaboración dos menús desde o primeiro momento, Serunion Educa vela polo perfecto crecemento e desenvolvemento de nenos, nenas e mozos.

Serunion Educa ofrece a pequenos e adolescentes todos os nutrientes necesarios para o seu correcto crecemento, desenvolvemento e benestar a través de menús elaborados por dietistas e nutricionistas cualificados, cumprindo coas recomendacións da Estratexia NAOS, promovida pola Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición. A calidade, o sabor e o respecto polo medio natural son os nosos requisitos indispensables para facer que a comida dos escolares sexa un momento de benestar e convivencia.

Contamos tamén con servizos de restauración dirixidos aos estudantes de ensino secundario, bacharelato e universidades, ofrecéndolles unha oferta gastronómica adaptada ao seu perfil de consumo, aos seus requirimentos nutricionais e ás tendencias de restauración actuais. Dinamizamos o espazo da cafetería e/ou comedor con mensaxes e actividades que buscan promover o consumo de produtos de tempada e un estilo de vida saudable. Tamén melloramos o medio cunha decoración amena e informal e mobiliario cómodo e visualmente atractivo para que os mozos se identifiquen co espazo e se sintan a gusto mentres comen.

Proxecto educativo

En Serunion, alimentación e educación van da man. O noso firme compromiso coa educación fai que o noso labor vaia máis alá de ofrecer o mellor servizo de restauración e que nos impliquemos tamén na formación dos escolares.

Un equipo de máis de 7.000 monitores pon todo o seu empeño en converter o comedor e o patio en espazos educativos baseados en tres piares principais:

  • Educación para a saúde. Crear hábitos saudables, educar nunha alimentación equilibrada e promover a vida activa.
  • Educación para a sostibilidade. Coidar do medio natural, promover a reciclaxe e aproveitar os recursos.
  • Educación para a convivencia. Fomentar a cooperación, promover a responsabilidade social e potenciar a igualdade e o respecto.

O noso proxecto educativo anual inclúe diferentes obradoiros e actividades a través dos que os máis pequenos coñecen os produtos e a súa estacionalidade, a importancia da actividade física e a hixiene ou algunhas das tradicións gastronómicas do seu territorio. Así mesmo, ensínase aos máis pequenos a importancia de minimizar o impacto das nosas actividades no medio, fomentando a reciclaxe e a sostibilidade.

Seguindo unha liña pedagóxica común, o noso proxecto educativo adáptase a máis de 2.000 centros e chega a máis de 250.000 nenos e nenas. Pedagogos, monitores, coordinadores e demais profesionais formados e preparados para desenvolver as súas competencias garanten a correcta aplicación do noso proxecto.

Os nosos monitores

serunion-educa-proyecto-educativo-niños-decoracion

A nosa gastronomía

Nas nosas cociñas preparamos as receitas de sempre, tradicionais, mediterráneas e con sabores típicos de cada rexión, pratos que os pequenos coñecen e cos que gozan comendo. Para elaboralos confiamos en provedores locais e rexionais, que nos subministran materias primas de primeira calidade.

Todos os nosos menús garanten un valor nutricional óptimo e están elaborados cos mellores produtos, procedentes de primeiras marcas que aseguran a mellor calidade.

O noso equipo de nutricionistas deseña menús equilibrados e variados que garanten a correcta alimentación dos escolares. Desde os nosos comedores, tamén promovemos un consumo frecuente de verduras, froitas e peixe para que, desde pequenos, se afagan a comer de todo e os inclúan na súa dieta habitual. Todo isto materialízase nun amplo receitario con menús do outono/inverno e primavera/verán que se traslada no día a día do comedor do colexio.

Ademais, pomos a disposición do colexio un departamento de nutrición co que as familias poden contactar vía teléfono (902 360 030) ou correo electrónico nutricion360@serunion.elior.com , para resolver calquera dúbida nutricional de maneira directa.

serunion-educa-gastronomia-niña-comiendo-judias

Os nosos conceptos Educa

  • Serunion Natur. Servizo de alimentación para escolas infantís
  • Basic
  • Colexios
  • U by Serunion
  • Comedor L’atelier
  • Cafetería Bites

SABER MÁIS ACERCA DOS CONCEPTOS EDUCA

serunion-educa-conceptos-hombre-sirviendo-comida

As nosas colaboracións

Comprometidos coa sociedade e o medio natural, esforzámonos en ir máis alá á hora de ofrecer un servizo de restauración. A participación en proxectos solidarios e ONG son algúns dos eixes da nosa política de responsabilidade social corporativa.

Por iso colaboramos activamente con diversas organizacións e asociacións que avalan o noso bo facer:

Coñeza a nosa política de RSC

serunion-educa-proyecto-educativo-colaboraciones-politica-rsc

Solucións dixitais

App ColeChef

A nosa nova APP ColeChef supón unha nova e ampla canle de comunicación 24 h con acceso desde calquera lugar a través de dispositivos móbiles. Ponse a disposición das familias para facilitar toda a información diaria e personalizada dos seus fillos no comedor:

  • Os menús que se serven diariamente e o menú mensual, coa información nutricional presentada de maneira clara e detallada.
  • Os menús adaptados ás diferentes alerxias e intolerancias alimentarias, no caso de nenos e nenas que necesiten algunha dieta especial.
  • A posibilidade de solicitar “dieta branda” cando os nenos e nenas se encontren indispostos.
  • Recomendacións para as ceas en función do que comeron os alumnos, con suxestións de receitas equilibradas elaboradas polo noso Departamento de Nutrición.
  • Recomendacións de almorzos e merendas saudables.
  • As actividades realizadas polo noso equipo de monitoraxe no comedor e no patio.
  • Os informes trimestrais, no caso dos escolares de primaria; o Caderno Viaxeiro no caso dos escolares de educación infantil.

A nosa APP está dispoñible en Android e iOS. Para encontrala, busque “ColeChef” en Google Play ou Apple Store. Máis información na web: https://colechef.com/

 

WEB Serunion Educa

Ademais, ofrecemos a familias e colexios máis información relacionada coa saúde e nutrición da poboación escolar. Mostrámosvos receitas fáciles e rápidas para unhas ceas sas e saborosas e material didáctico que axude a promover hábitos de alimentación saudables e actividades para gozar en familia.
Serunion Educa

app educa gal