Temos unha grande oferta as 24 horas ao día, 365 días ao ano
As tendencias de consumo da sociedade cambian, tamén á hora de elixir produtos nas máquinas de vending. Cada vez máis, as preferencias dos usuarios van cara aos produtos saudables. Coñecer as preferencias e sumarlles as tecnoloxías máis innovadoras, permítenos achegar as solucións máis axeitadas para cada cliente, adaptándonos tamén aos seus espazos e necesidades. Incrementamos a percepción do valor do servizo de vending porque nos gusta coidar a experiencia do consumidor. Consultar catálogo aquí.
Innovación
No sector do vending, a tecnoloxía marca a diferenza.
- Proxectos personalizados
Desenvolvemos proxectos personalizados e adaptados ás necesidades de cada cliente, acomodándonos aos cambios do mercado e estudando a conveniencia de cada localización das máquinas, e a selección de produtos ofertados nelas. Apostamos pola innovación tecnolóxica e, por iso, propomos distintas solucións de pagamento en resposta á multitude de opcións que existen no mercado, e ás novas tendencias de consumo, achegando así, maiores vantaxes e dar un bo servizo en calquera momento e en calquera lugar.
- Tendencias ecolóxicas
En Serunion compartimos as tendencias ecolóxicas de crecemento sostible e reutilización dos residuos. Por iso ofrecemos a posibilidade de instalar puntos de reverse vending, a opción de vending máis ecolóxica. Estas máquinas permiten a reciclaxe dos envases do produto consumido (latas, bricks, papel) e aseguran unha correcta xestión dos residuos.
Produto
Definimos unha gama de produtos acorde coas necesidades de cada cliente, configurando o catálogo de produtos máis axeitado para cada caso.
- Apostamos polas primeiras marcas
Contamos coa colaboración das marcas líderes no mercado. Somos o escaparate perfecto para mostrar a súa calidade e a súa capacidade de adaptación aos distintos ritmos de vida do consumidor.
- Á vangarda das tendencias do mercado
Ofrecemos produtos innovadores, cunha gran variedade de gamas, saudables e exclusivos, sempre de acordo coas tendencias do mercado e as necesidades cambiantes das persoas: produtos dietéticos, aptos para celíacos, froita, unha gran variedade de sándwichs, produtos de comercio xusto e bebidas e alimentos enerxéticos.
Servizo
Servizo dispoñible 24 horas, os 365 días do ano. As máquinas expendedoras permiten a obtención de produtos en calquera momento do día ou da noite, sen depender de horarios comerciais.
Contamos ademais cun servizo técnico e de reposición que permite o pleno rendemento das máquinas, garantindo un servizo continuado e evitando as carencias de produto nas máquinas.