serunion-tablet-gestion-compras

Gestión & Compras

Serunion ofréceche a opción de xestionar as túas compras co obxectivo de optimizar os custos asociados ao servizo de restauración.

Nós encargámonos

Con prezos e calidades previamente establecidos, o noso servizo de Xestión & Compras ofréceche a posibilidade de contar só cun único provedor, reducindo así a carga de traballo que significa negociar con provedores, controlar albarás, verificar cantidades, así como optimizar o control de custos e tesourería.
Ademais, os procedementos de compras establecidos por Serunion sumados ao volume das súas adquisicións, permiten aplicar aos seus clientes, de forma sinérxica, mellores custos unitarios, tanto de produto como loxísticos.

Todo iso é posibles grazas á implantación dunha ferramenta de xestión propia que, desenvolvida tendo en conta os usuarios finais, permite unha fácil xestión modular de todo o proceso de subministración, xestión económica do cobramento e desenvolvemento de fichas técnicas.

Quere recibir máis información?

Póñase en contacto connosco para coñecer máis detalles sobre este servizo.
O noso equipo vaino asesorar e resolverá todas as súas dúbidas.

contacte con Serunion

serunion-gestion-compras-camarero-hombre