
Serunion Vitae, a experiencia do saber comer
Os nosos maiores son persoas excepcionais. Coidalos e ofrecerlles unha gran calidade de vida é unha das nosas misións; por iso adaptamos a nosa cociña ao seu ritmo de vida.
Coidamos dos nosos maiores
Seguindo as bases da dieta mediterránea e a través dunha gastronomía elaborada, atractiva e que conserva todo o seu valor nutricional, axustamos os nosos menús ao estilo de vida dos nosos maiores, garantindo a calidade no servizo e a atención personalizada.
A nosa prioridade: as persoas
Queremos centrar toda a nosa atención na saúde e no benestar das persoas.


Os nosos servizos
A través dos nosos servizos axudamos os nosos maiores a redescubrir o pracer da boa comida, con pratos saborosos e lixeiros adaptados ás necesidades de cada persoa.
Xa sexa na súa residencia ou na súa casa, converteremos a hora da comida nun momento de pracer e saúde.
O noso valor engadido
Comer debe ser unha actividade divertida. O que nos diferencia é a nosa capacidade de converter a hora da comida nunha experiencia colectiva, onde gozar, socializar e compartir.
