Quen somos?
1990
No mes de xuño constitúese Serunión en Madrid, como resultado da fusión de 5 empresas de restauración colectiva: Arusa, Sercosa, Cofimok, Hotelcosa e Serhoval.
1991
Asinamos o noso primeiro contrato cunha grande empresa: o Banco de España.
1993
Establecemos a nosa sede en Barcelona e asinamos o noso primeiro contrato cunha clínica: Clínica Cyclops.
1998
Serunión empeza a operar en Portugal.
1999
Iniciamos a actividade da nosa división de vending.
2001
Integrámonos no Grupo Elior, multinacional francesa especialista en restauración colectiva, líder en Francia, con sede en París e que opera en 13 países.
2007
Posta en marcha da liña fría, o que supuxo unha importante innovación no mercado español onde este sistema non estaba moi implantado, ao contrario que no resto de Europa. Este feito permitiu, ademais, a profesionalización do sistema de produción da comida e a posibilidade de fornecer un maior número de comensais.
Singularis, o noso catering de autor, empeza a súa actividade a través do seu primeiro cliente o Gran Teatre del Liceu de Barcelona.
2010
O volume de facturación acadado este ano (336 millóns de euros) convértenos na empresa de restauración colectiva líder do mercado por volume de facturación.
2012
Pomos en funcionamento o noso Servizo de Atención Domiciliaria, achegando un importante valor social á nosa marca.
Tamén en 2012 incorporamos á nosa compañía a firma Alessa, importante empresa do sector da restauración, con destacada presenza no sector de maiores, e Gustauria, centro especial de traballo sen ánimo de lucro que integra persoas con discapacidade no sector da restauración.
2013
Iniciámonos no servizo de restauración a bordo a través da consecución do concurso de Renfe-Ferrovial.
2014
O Grupo Elior sae a bolsa (Euronext de París).
2015
A cociña de Serunion en Vigo obtén a certificación de calidade ISO 22.000, que avala as máximas garantías de seguridade alimentaria.
Presentamos o primeiro libro infantil para fomentar hábitos de vida saudable entre os máis pequenos.
2016
A cociña central de Serunion en Málaga, primeiro centro de restauración colectiva de España en recibir a certificación de pratos 100% ecolóxicos.
Serunion medra un 6,6% grazas á diversificación do negocio.
Creamos un novo concepto de cafetería “Daily Break” para hospitais.
Grupo Elior lanza o seu Positive Foodprint Plan para deixar pegada positiva no planeta.
Lanzamos un novo modelo de máquinas de vending que incentiva a reciclaxe de latas de bebida.
2017
Presentamos “U”, un novo concepto de cafetería para universidades.
Inauguramos “Meetropolitan”, un novo concepto de restaurante para empresas.
O volume de facturación acadado en 2016 é de 445 millóns de euros.
2018
Primeira empresa do sector certificada en sostibilidade e RSC.
Incorporámonos á Fundación Española da Nutrición.
O volume de facturación acadado en 2017 é de 469 millóns de euros.