serunion-restaurantes-soluciones-meetropolitan

Serunion Restaurantes, unha experiencia global innovadora

A prioridade de Serunion Restaurantes é a mellora constante da experiencia do comensal, apostando pola máxima calidade do servizo, a excelencia e a innovación.

Propostas de restauración á medida dos clientes

O obxectivo principal dun restaurante de empresa é asegurar a satisfacción dos seus empregados, por iso pomos o foco no noso comensal. Ofrecemos solucións innovadoras para adaptarnos ás necesidades e expectativas dos usuarios, para que vivan a diario unha experiencia plena e gocen a un tempo que coidamos deles grazas a unha alimentación equilibrada, saborosa e saudable.

O tamaño, a cultura, os horarios ou a área xeográfica son algunhas características que fan que cada empresa sexa diferente, única. As persoas que forman as compañías tamén difiren en gustos, hábitos e necesidades alimenticias. En Serunion Restaurantes elaboramos a proposta gastronómica máis axeitada segundo as necesidades de cada organización.

Mellorando a experiencia do comensal

As novas tecnoloxías son a grande aposta de Serunion Restaurantes que, coa vista posta nunha xestión integral da experiencia do comensal, pretende mellorala desde o inicio ata o momento de sentar á mesa. E xa que cada compañía é diferente, polo seu tamaño, cultura, horarios ou situación, tamén os nosos menús son diferentes, pero sempre baseados nun mesmo obxectivo: o benestar do comensal.

Traballamos constantemente para mellorar a nosa oferta culinaria e o noso servizo, para que o usuario se sinta coma na casa. Para conseguilo, ofrecemos unha oferta gastronómica innovadora, espazos de restauración multifuncionais e confortables e todos os servizos de valor engadido necesarios para lograr que a hora de comer sexa unha experiencia totalmente satisfactoria.

serunion-restaurantes-chef-entregando-plato-horizontal

Alimentación innovadora e saudable

Comer de maneira axeitada inflúe de xeito positivo sobre a nosa maneira de traballar: asóciase a menores cadros de estrés e mellora a produtividade, achegando nutrientes que nos proporcionan a enerxía necesaria. A elección coidadosa dos alimentos e o consumo das cantidades necesarias son os dous aspectos clave.

Que a empresa coide polo miúdo a oferta gastronómica que ofrece no comedor reverte positivamente non só na saúde dos seus empregados, tamén na súa motivación e capacidade de traballo: o benestar no comedor transmítese no posto de traballo.

En Serunion Restaurantes contamos con cociñeiros e nutricionistas expertos para deseñar os menús, adaptándoos ás necesidades alimenticias das organizacións ofrecendo unha ampla gama de opcións novas e saudables, máis alá da liña de autoservizo. As propostas gastronómicas que elaboramos unen tradición e innovación para ofrecer unha alimentación variada e equilibrada.

  • Buscamos a excelencia en todo o proceso: na calidade da materia prima, na produción, na mellora do receitario tradicional, aplicando novas técnicas culinarias, seguindo as novas tendencias do mercado e mellorando para satisfacer as expectativas de todo tipo de comensais.
  • Contamos co “FOOD 4U”, un programa de innovación e mellora baseado na nosa experiencia en restauración e na aposta por desenvolver unha oferta Urbana, Saudable, Tradicional e Cosmopolita.
  • As nosas solucións adáptanse aos distintos ritmos de traballo das empresas, ofrecendo unha oferta gastronómica para todos os momentos do día: almorzos, xantares, comidas, ceas, servizos especiais, coffe breaks, caterings.
serunion-restaurantes-chef-preparando-ejecutivos

Espazos confortables

En Serunion Restaurantes sabemos que comer mellor contribúe ao benestar e á produtividade dos empregados. Contar cun espazo onde poder descansar e relacionarse cos compañeiros é esencial para seguir coa xornada laboral de forma activa e sostible.

Creamos restaurantes feitos á medida das empresas, baseándonos nas súas necesidades, o seu ritmo de traballo e a súa cultura. Adaptámonos a calquera espazo, deseñando un proxecto personalizado, integrando a imaxe e o ADN do cliente en cada elemento do restaurante.

Converter o restaurante de empresa nun lugar confortable e moderno, onde o usuario poida desconectar e gozar dun momento de relax, non é só cuestión de deseño. A capacidade de innovación de Serunion Restaurantes brinda ao cliente a posibilidade de contar coas ferramentas necesarias para axilizar o servizo e a funcionalidade do espazo a través dos últimos avances tecnolóxicos do sector.

Ademais, Serunion Restaurantes conta cun grande equipo humano que, coa súa experiencia e alto nivel de cualificación, velan por mellorar a experiencia do usuario en todo o proceso do servizo.

As nosas marcas de restauración:

  • Meetropolitan. Urbano, cosmopolita e moderno, tres razóns polas que este restaurante non deixará indiferentes os seus empregados.
  • Mercado Gastronómico. Dálle a volta á idea tradicional de restaurante de empresa, integrando tradición e modernidade nun mesmo espazo.
  • Bites. Unha oferta saudable, fresca e saborosa que combina cociñas do mundo cos nosos pratos máis clásicos dun xeito delicioso e sorprendente.
  • L’Atelier. Mediterráneo puro. Con toda a súa calidez, frescura e proximidade.
  • World Street. Aparque un divertido e moderno Food Truck nas súas instalacións

As nosas marcas de restauración

serunion-restaurantes-espacios-comfortables-barra-bar-bombillas

Servizos de valor engadido

TimeChef, a exclusiva app de Serunion Restaurantes que dá acceso aos servizos do restaurante desde calquera lugar e hora do día, transformou por completo a experiencia do comensal. Esta aplicación móbil quere converterse no medio de comunicación principal entre Serunion Restaurantes e os usuarios dos comedores de empresa.

TimeChef permite dixitalizar a relación co comensal para ofrecer unha interacción co restaurante da empresa adaptada ás necesidades de cada usuario, moito máis áxil e completa. A través de calquera dispositivo móbil pode:

  • Coñecer o menú do día e toda a información nutricional e alérxenos dos pratos.
  • Descubrir as actividades e promocións que se desenvolven no centro, desde degustacións a xornadas gastronómicas ou obradoiros.
  • Realizar pedidos en liña to take away.
  • Reservar mesa.
  • Saber o número de compañeiros que están facendo cola e o tempo de espera estimado con axuda da tecnoloxía People Counter.
  • Solicitar servizos especiais.
  • Dispor dunha zona persoal para cada usuario.
  • Realizar enquisas de satisfacción.

 

time chef gal

WEB Serunion Restaurantes

Descubra un mundo de posibilidades desde o noso contorno en liña privado para clientes.

Serunion Restaurantes