
A nosa prioridade: as persoas
Nesta etapa da vida, saber comer é clave para facer fronte aos cambios fisiolóxicos que sofre o noso corpo e que a miúdo interfiren na nosa alimentación.
Coidamos de ti e da túa alimentación
Segundo o estado en que nos encontramos nesta etapa da vida, dispomos de maior ou menor mobilidade e de certas dificultades para comer ou mastigar. Por iso, deberemos recibir unha atención adaptada ás nosas necesidades coa intención de atrasar ao máximo a perda da nosa autonomía e independencia, para poder seguir gozando do pracer da boa cociña.
Unha alimentación saudable permite ao noso organismo acadar e manter o seu nivel óptimo, conservar ou restablecer a saúde e axudar a diminuír o risco de enfermidades. Pero alimentarse dunha maneira saudable non é só inxerir determinados nutrientes. Ademais de nutritiva, a alimentación debe ser sobre todo gustosa e atractiva, en definitiva: unha experiencia pracenteira.
A nosa cociña
Porque entendemos e sabemos que necesidades teñen os nosos maiores, os nosos esforzos van dirixidos a achegar solucións para a súa alimentación e benestar emocional. Comprometémonos a unha alimentación equilibrada e saudable, adaptando o noso menú e elaborando dietas especificas para casa caso:
- Dieta mediterránea.
- Produtos frescos, de tempada e de proximidade.
- Utilizando as técnicas culinarias de toda a vida.
- Elaborando pratos caseiros.
- Asegurando a hidratación.
- Promovendo hábitos alimentarios saudables.
- Deseñando menús variados e equilibrados tendo en conta diferentes parámetros como a idade, o sexo, a enerxía recomendada diaria.
- Planificando menús semanais para unha correcta frecuencia de consumos de todos os grupos de alimentos da pirámide nutricional.
- Evitando a monotonía.
- Pondo a disposición do cliente un equipo de profesionais preparados para atender calquera esixencia requirida.
- Plan de formación á medida segundo as necesidades de casa centro.
