serunion-nosotros-grupo-elior-logo-time-savored

O Grupo Elior

O Grupo Elior

Fundada en 1991, Elior medrou ata converterse nun operador de nivel mundial en restauración e servizos, xerando uns ingresos de 6.694 millóns de euros no ano fiscal 2017-2018, a través de 25.600 restaurantes e puntos de venda en 15 países.

Visite a páxina web de Elior Group descubra aquí o seu Activity Plan

cifras gal

Impulsados por un firme compromiso coa excelencia, os nosos 132.000 profesionais ofrecen solucións innovadoras e personalizadas de catering e servizos a 6 millóns de clientes no sector empresarial, industrial, educativo, hospitalario e residencial e do lecer.

Elior é membro do Pacto Mundial das Nacións Unidas desde 2004 e a nosa filosofía corporativa (que se centra na calidade e nas relacións responsables cos demais) reflíctese no noso lema: “Un mundo de atencións”.

Un grupo en constante expansión

Co paso dos anos, o Grupo Elior distinguiuse pola máis alta atención á saúde das persoas e á súa seguridade. O obxectivo é transmitir a cultura do benestar, que combina a eficacia dunha grande organización multinacional cun profundo coñecemento das realidades locais.

Time Savored

A excelencia profesional dos nosos equipos, o seu firme compromiso coa calidade e a innovación, así como o mellor servizo no seu sector, plásmanse no lema corporativo do Grupo Elior: Time savored.

A importancia da innovación

O Grupo Elior ten o compromiso diario de facer de cada pausa para comer un momento de sabor e benestar. O noso obxectivo é asegurar que todo o mundo retome o control do seu propio tempo e goce ao máximo da experiencia.

Entendemos que os nosos clientes teñen expectativas cada vez maiores no referente á accesibilidade, responsabilidade e interacción. Ao mesmo tempo, sabemos que para mellorar e innovar, o servizo debe ir máis alá da comida.

Por todo iso, a nosa política de innovación busca constantemente novos conceptos e servizos para mellorar a experiencia do usuario e converterse no provedor de servizos de restauración máis rompedor e moderno do mercado.

Solucións para cada necesidade

Descubra entre as nosas solucións de restauración a que máis se adapte á súa situación. Para garantir que a comida sexa sempre un momento de pracer compartido, ofrecemos a cada comensal unha resposta personalizada ás súas necesidades.

As nosas solucións

serunion-cocinero-mujeres-plato