O noso sistema integrado de xestión

serunion-nosotros-comprometidos-calidad-sistema-integrado-gestion-cocinero

A calidade é un factor estratéxico para a competitividade e a satisfacción dos nosos clientes e polo tanto, desde o Departamento de Calidade traballamos diariamente para conseguir a mellora continua dos servizos que ofrecemos. Na Compañía somos consciente de que a calidade non se limita a unha materia prima, senón que abarca e é aplicable a todos os nosos procesos. É por iso, que o noso sistema ten un enfoque global, comprometido coa seguridade alimentaria, a calidade, o ambiente, a seguridade e hixiene no traballo e a responsabilidade social corporativa tal e como recolle a nosa Política do sistema integrado.

Seguridade alimentaria e calidade

serunion-compromiso-calidad-cocinero-removiendo-olla-camisa-negra

Un dos nosos obxectivos principais é garantir a seguridade e hixiene de todos os alimentos preparados e previr calquera posible risco derivado do consumo destes. Para conseguilo, téñense en conta as normativas hixiénicas de aplicación (lexislación alimentaria en vigor, sistemas APPCC), así como normas de recoñecido prestixio. Proba diso son as nosas certificacións ISO 9001 e ISO 22000.

Os nosos obxectivos

serunion-nosotros-comprometidos-calidad-innovacion-objetivos-cocina-manager-cocinero

Os nosos obxectivos aséntanse dentro do marco estratéxico da compañía, centrándose en:

  • Servir produtos de calidade, coa máxima seguridade alimentaria e posibilitando unha alimentación saudable aos nosos comensais, coa garantía da aplicación de estritos controis sobre as materias primas e sobre os procesos implicados.
  • Seguir un protocolo de mellora continua na adaptación dos nosos procedementos para achegar un impacto ambiental positivo no desenvolvemento da nosa actividade.
  • Contribuír ao desenvolvemento sostible, tendo en conta as necesidades e expectativas dos nosos grupos de interese.

Medio natural

serunion-nosotros-compromiso-calidad-innovacion-medioambiente

Dentro do sistema integrado de xestión, establécese como un piar fundamental das metas que se queren alcanzar, a protección do medio natural. O coidado do medio natural é unha función que debe desempeñar cada un dos integrantes do equipo da empresa. Somos conscientes de que durante a realización da nosa actividade podemos influír negativa e/ou positivamente sobre o medio natural e por iso recollemos unha serie de boas prácticas ambientais na nosa Guía ambiental.

As nosas medidas baséanse en:

  • Controlar o consumo de recursos (auga, luz e gas) tanto nas delegacións coma en cada un dos nosos centros e cociñas centrais.
  • Reducir os residuos e o seu impacto. Por iso, fomentamos a segregación e a reciclaxe.
  • Colaborar cos nosos clientes para implantar medidas de aforro, sostibles e que protexen o noso medio.

Seguridade, saúde e benestar laboral

serunion-comprometidos-calidad-riesgos-laborales-mujer-cocinero

Serunion ten como obxectivo primordial garantir a seguridade e saúde tanto dos seus empregados, como dos seus clientes, provedores ou calquera que poida interactuar coa organización.