
Descubre que che podemos ofrecer
Damos a benvida ao talento nas súas múltiples facetas. Encontra a posición que mellor encaixa co teu perfil profesional
Xefe/a de cociña
Imaxínaste traballando nunha cociña dun centro ou nunha cociña central? Imaxínaste sendo o responsable de realizar a planificación e organización do servizo, así como dos teus propios equipos? Se dispós de amplos coñecementos de gastronomía e experiencia en restauración de alto nivel, estamos agardando por ti!

Monitor/a
Gustaríache traballar con nenos/as nun dos nosos colexios, achegándolles os conceptos básicos dunha alimentación sa e equilibrada?
Se tes o título de monitor/a e queres adquirir experiencia, esta é a túa oportunidade!

Xefe/a de área
Gustaríache xestionar unha zona cun grupo de centros coma se fose o teu propio negocio, liderar un proxecto, animar o equipo e xestionar unha conta de resultados?
Se tes experiencia en restauración colectiva, es un/unha #professionalfoodlover e estás acostumado/a á xestión de equipos e centros de traballo, este é o teu posto!

Técnico/a de seguridade alimentaria
Tes experiencia en calidade e seguridade alimentaria? Gustaríache asesorar todos os nosos centros, empregados e clientes? En Serunion estamos buscando persoas coma ti.
Únete ao noso equipo de calidade!

Servizos corporativos
Nos nosos servizos corporativos de Barcelona e Madrid contamos con departamentos de soporte ao negocio: nutrición, innovación, excelencia operacional, compras, loxística, marketing e comercial, calidade, sistemas e organización, atención ao cliente, finanzas e recursos humanos.
Se compartes a nosa paixón e valores, únete a nós!
