Skip to main content

Menús para maiores

Temos o compromiso de ofrecer unha alimentación axeitada a cada unha das persoas que atendemos.

  • Menú basal: Composto por todos os grupos de alimentos e dirixido a persoas sen restricións alimentarias.
  • Dietas terapéuticas: Destinadas a persoas con algún tipo de enfermidade ou restrición alimentaria.
    - Hipocalórica
    - Diabética
    - Hipograxa
    - Hipoproteica
    - Adstrinxente
    - Hiposódica
    - Hipercalórica / Hiperproteica
    - Fibra
    - Protección gástrica
serunion-mayores-menus-facile-manger-melon-naranja

  • Dietas de textura modificada: dietas con textura uniforme, presentación agradable e que evitan a deshidratación, adaptadas a cada comensal.


- Fácil mastigación:
Dieta indicada para persoas con problemas de mastigación leves.
Facilita a mastigación substituíndo os alimentos de consistencia dura por alimentos de consistencia branda cun alto contido en auga.


- Facile à Manger:
O Facile à manger é a nosa técnica para texturizar os alimentos dirixidos a aquelas persoas que presentan dificultades de mastigación e deglutición. Son elaboracións de texturas agradables e fáciles de deglutir que non perden nin o sabor nin o valor nutricional dos alimentos.

Conseguimos estimular o apetito e devolve o pracer da comida a aquelas persoas que por un motivo ou outro teñen complicacións para mastigar ou deglutir, sendo un factor clave para mellorar a súa calidade de vida. O Facile à manger admite preparacións tanto en frío como en quente e presenta unha ampla variedade na gama de pratos; unha cociña tradicional coa incorporación de ingredientes naturais que se complementan para conseguir o equilibrio nutricional.

 - Triturados:
Os triturados están indicados para persoas que presentan severas dificultades de mastigación e/ou problemas graves de deglutición. Son persoas cunha correcta funcionalidade dixestiva pero que están limitadas por unha imposibilidade de mastigación. Esta é unha dieta a base de alimentos semilíquidos e/ou en forma de puré.


- Dietas para intolerancias alimentarias e alerxias:
Dietas especiais para aquelas persoas que presenten algunha alerxia ou intolerancia alimentaria a algún alimento ou compoñente alimenticio.

Contacte con Serunion
serunion-mayores-facile-manger-menus